Vero Rilo

Ola a tod@s!!
   Hoxe a nosa contadora de historias foi Vero Rilo. Falounos de moitísimas cousas relacionadas cos lavadoiros, dos duros traballos das mulleres, falou de inxustizas e de sororidade... Gozamos coas historias dos libros e coa narración oral. Participamos. Preguntamos e aprendimos. 
    Que ben o pasamos hoxe na biblioteca! Grazas, Vero!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sempre lectura. Dando exemplo.

Ola a tod@s!!
   No noso día a día sempre están presentes os libros e a lectura. E non hai mellor mestre que o exemplo. Aquí vos deixo a Dely nunha desas visitas a unha clase que non é a súa titoría para ofrecerlles unha boa historia aos nenos e ás nenas. Porque as profes tamén contan. Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Máis Rosalía

Ola a tod@s!!


 
 
  
  
       
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23-F

Ola a tod@s!!
   O venres celebramos a nosa pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Recibimos ás familias que viñeron ler xunto cos seus fillos, fillas ou netos. Realizamos unha ofrenda floral con aqueles elementos vexetais que comunmente aparecen  na obra rosaliana. Recitamos os seus poemas... E, como non, levamos un libro e unha flor.
      Coma sempre, curso tras curso, é un dos días preferidos na nosa biblioteca.

#oamordapatriagalega
#_rdc2024




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A escoitar!

Ola a tod@s!!
   Podedes escoitar o testamento de D.Pachorro na voz das nenas e dos nenos de 5º e  6º.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LUUUME!!!

Ola a tod@s!!
   O tempo non acompañou na celebración do Entroido e, por iso, o meco Don Pachorro, coa súa mala vida, tivo unha prórroga. Mais, con tanto sedentarismo, tarde ou cedo tiñar que ir...
   Ademais, a tradición obriga: o seu destino era o lume. Sen remedio.
   Aquí vos deixo o seu testamento, do que se ocupou, con simpatía e bo humor, a rapazada do 3ºCiclo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día Mundial da Radio

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio, data na que é importante reivindicar a radio como o que é: unha potente ferramenta pedagóxica para que a rapazada desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.
   Nesta data tan especial queremos facer mención á nosa participación no programa en directo que Radio Fene emitiu dende a escola de Limodre.  Este programa forma parte do proxecto Onda ODS no que participan, entre outras, as emisoras locais galegas co obxectivo de dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre os retos da Axenda 2030.
    Aí estivo o alumnado do CEIPP Os Casais ao completo, comentando algunhas das actividades que fan e están relacionadas cos ODS e falando da relevancia que teñen as pequenas accións que cada un de nós fai ou deixa de facer.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes