Candeloria, candeloria...

Ola a tod@s!!

Con tanta chuvia e tanta treboada os paxariños non saíron a aloumiñarse no xardín e claro, case esquecemos a Candeloria! 

Pero non hai problema, a chuvia e as nubes sempre pasan e co sol todo semella distinto.

Para festexalo, quero propoñervos que vos rañedes un pouquiño a cabeza e inventedes historias fermosas pero curtiñas, e dicir: microrrelatos. Non só iso, ademais de falar de amor e cariño terán que ser historias relacionadas co tema do Universo. Recordade que temos que conseguir que o Monstro nos devolva estrelas!

Pero non son deberes só para @s nen@s, diso nada!: papás, mamás, avós, avoas, prim@s e ti@s: a pensar tamén!!

@s que aínda non teñan moita idea de escribir, mandádenos un debuxiño feito con moito amor, despois podédesnos contar de que vai o conto coas vosas palabras.

No apartado "Cartas de Mica", tedes dispoñibles: a miña última carta, as instrucións para facer os microrrelatos e uns debuxos e plantillas chulísimas para escribir os vosos microrrelatos.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario