Día do libro 2014

Ola a tod@s!!


O pasado mércores 23 de abril foi o Día do Libro. E que mellor maneira de celebralo que lendo libros! 

"Lorenzo" acompañounos nun día cheo de contos e agarimos, se non me credes botade unha ollada ás fotos que vos deixo (facede clic na imaxe). Lecturas máxicas e momentos máxicos...


*Recorda que as imaxes amosadas neste blogue non se poden compartir. Pero pódelas ver aquí as veces que queiras!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Máis contos, máis!!

Ola a tod@s!!

Hoxe tivemos unha nova xornada de lecturas a cargo das mamás e papá máis atrevid@s! 


Pilar veu ler á clase de terceiro:





Gloria veu á clase de terceiro ciclo:


 

Javier leunos na biblio aos nen@s de cuarto:




E Cristina deixou encantados aos máis pequen@s:


 
Moitas grazas!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes


Contos e máis contos

Ola a tod@s!!

Seguimos cos "apamadriñamentos" para celebrar o mes do libro. O venres tivemos a sorte de contar con Gloria e Javier, que viñeron a lernos contos aos máis pequech@s do cole. Mirade que atentiñ@s estaban tod@s! E que é unha sorte ter alguén que nos lea un conto. Moitas grazas!









Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Apadriñamentos lectores.

Ola a tod@s!!


Por fin, por fin!!! Xa comezan os "apamadriñamentos" lectores! Hoxe viñeronnos ler Pili, a mamá de Antonio e Jaime e tamén Javier, o papá de Sara. Fixérono moi ben e estamos requequequetequeagradecid@s. Moitas grazas!!!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Semana da Prensa na Escola 2014

Ola a tod@s!!

A semana do 10 ao 14 de marzo, celebramos a semana da prensa na escola. @s nos@s redactores/as, recolleron as novas que máis nos importan no CEIP "Os Casais" e, por suposto, na Biblio.




Podédelas ver nos corredores da escola, pero, se non tendes tempo, aquí tendes un "ISSUU" onde podedes ler o noso xornal con toda tranquilidade.



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día Internacional do Libro Infantil 2014

Ola a tod@s!!

Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil 2014. Dende 1976, cada 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen (que quen é este??? Coñécelo de sobra, fai clic no seu nome se non te das conta), adicámoslle este día á lectura de libros infantís e xuvenís, eses que na biblio nos gustan tanto.

E como se escribe un libro?? De onde veñen as ideas?? Aquí vos deixo a resposta de Siobhán Parkinson, unha escritora irlandesa que sabe un cacho destas cousas.  Igual vos inspirades un pouco e vos animades a escribir algo... Para ler a súa carta, facede clic no cartel deste ano.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

A qué sabe a lúa?

Ola a tod@s!!

Estaba eu paseándome polos corredores do cole, neses momentos de paz nos que non hai alimañ...digo nen@s correndo dun lado a outro...

Cando...de súpeto, atopei esta marabilla de mural que lle vou enviar ao noso monstro estelar para que nos libere algunha estreliña. 


Encántame este conto de Michael Grejniec! Pero a quen máis lle gusta é ao Rato Gordecho; sabías que o rato do conto e primo del? É que aquí na biblio coñecemos a un montón de celebridades...En fin, se ainda non o liches, non sei a que esperas! Ademáis, na biblio témolo en galego e en inglés, tes para escoller!







Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Máis estrelas

Ola a tod@s!!

Mirade, mirade! Así traballaron @s nen@s de 4º na biblio sobre un libro chulísimo do Universo. Máis estrelas! Isto é un non parar!!






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes