Abre o mundo

Ola a tod@s!!
A nosa Cadeira Vermella convidounos neste Nadal a facer unha actividade para reivindicar o Dereito á Educación.  
Como non! Nós estamos sempre dispost@s a facelo.
A educación é un dereito.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adopta un libro

Ola a tod@s!!
Podedes ver que se apuntou todo o mundo...
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Chegou o Apalpador!

Ola a tod@s!!
O martes 19, como se achega o Nadal, recibimos na nosa biblio nada menos que ao mesmísimo Apalpador (da man de Pedro Brandariz), que anda polos coles a enterarse de se os nenos e nenas están ben mantidos ou non. Ten que saber de que tamaño é a presa de castañas que hai que deixar a cadaquén. 
Aquí vos deixo algunhas das fotos que quitamos. Podedes ver que pasamos un rato moi divertido con el e a súa axudante. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal...

Ola a tod@s!!
Hoxe empezamos unha nova actividade.
Quen se apunta?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

25 - N

Ola a tod@s!!
   O luns fixemos un acto contra a violencia de xénero.
   Primeiro vimos o video no que participaron as nenas do cole.

 


   Pero tod@s sabemos que non falamos dun problema so das mulleres, senón dun grave problema social que é de tod@s.
 Parte dunha desigualdade profunda, dunha minusvaloración da muller como persoa, que so coa EDUCACIÓN  poderá desaparecer.
    Os nenos foron os encargados de construir o mural reivindicativo. Está feito coas fotografías aportadas polas familias.

   Para rematar, tod@s xunt@s, cantamos "Tempestades de sal", de Sés, que foi a banda sonora da nosa reivindicación.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntari@s

Ola a tod@s!!
   Fai tanto tempo que non falo d@s voluntari@s e de todo canto me axudan, que igual pensades que xa non pasan pola biblio.
   Pois sabede que non, cada luns están aquí e é moita a súa aportación e moito tamén o que están a aprender.

 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lembrando a Parallé

Ola a tod@s!!
   O sábado 18 de novembro catro alumn@s de 5º e 6º participaron no acto de entrega do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, que convoca, dende 1987, o Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene e vai dirixido a libros de poesía en galego de autores inéditos.
   O gañador deste ano foi o poeta ribeirán Carlos Lixó Gómez, coa obra Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre.




   Miriam, Jaime, Jennis e Breixo falaron sobre Parallé. Contáronnos anécdotas, destacaron a súa implicación na vida cultural do entorno que lle tocou vivir, recuperaron a súa propia voz de rondallista, recordaron a súa obra poética... E recitaron.


    Fixeron unha actuación magnífica. Moitas das persoas que alí estaban achegáronse a el@s para felicital@s por tan elaborado traballo.

    Eu, Micabigotes, síntome moi afortunada e orgullosa de ser a súa gata bibliotecaria.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos artistas!

Ola a tod@s!!
   Para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia @s nos@s artistas realizaron un mosaico para colocar na entrada do cole.


Este ano reivindicamos de maneira especial o dereito de expresión. 
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos!

Ola a tod@s!!
  Comezamos a nova actividade Somos contacontos, na que @s maiores lerán para @s compañeir@s de Educación Infantil.
 
   Foi Jennis a que tivo o privilexio de iniciar a rolda de lecturas que imos realizar todos os venres na hora de ler.

   
Quedaron tod@s encantad@s!!!  Están desexando que chegue o próximo venres para descubrir quen lles virá ler esta vez.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

RAG

Ola a tod@s!!
   Non sei se todo o mundo veu o diploma que trouxeron @s nos@s nen@s da Real Academia Galega. Non? Pois aquí tedes unha foto.

   Cando estea colocado na biblio quitareille outra mellor.
Estou desexando que o suban para miralo eu todos os días!
Fíxome tanta ilusión que o noso cole recibira este premio!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A nosa tradición oral

Ola a tod@s!!
   A semana pasada adicámola á literatura de tradición oral e tivemos unhas convidadas moi especiais.
   Pasamos uns bos ratos de lectura coas historias da Pedra Molexa, coñecendo por qué ás persoas de Ares chamámoslles xabrentos, cómo foi que o Demo fixo a ponte entre Cabanas e Pontedeume nunha soa noite... 

  Agradecemos moitísimo ás mamás que viñeron compartir con nós tan bos relatos, cheos de mouras, misterio e sabedoría popular e tantas e tantas cousas que os nosos avós coñecían e nós xa (vaia mágoa!) apenas escoitamos.
   
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sonoro empeño

Ola a tod@s!!
Quero contarvos a saída tan interesante que fixeron @s nos@s nen@s o pasado luns. Visitaron a exposición Sonoro empeño na Fundación ABANCA, en Ferrol.
   Trátase dunha iniciativa que explora as conexións entre a música e as artes pláticas, a través da obra de artistas galeg@s como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luis Caruncho, Luis Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño ou Xaime Quesada, entre outr@s.

 
 Estanme a demostrar que puxeron moito interese na investigación do noso PDI e queren coñecer @s nos@s pintor@s e tamén ser el@s mesm@s artistas. Xa o son, coma podedes ver.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Aprendemos a pensar

Ola a tod@s!!
Queredes ver canto traballaron @s nos@s nen@s no mes das bibliotecas?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura tenebrosa

Ola a tod@s!!
   O que máis me gusta do mundo é ver como len, así que convidei a tod@s a facer lecturas de medo na Hora de Ler desta semana.
   4º, 5º e 6º prepararon as lecturas para 3º, 2º, 1º e EI .

Están desfrutando moito con esta emocionante e tenebrosa aventura.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Conxuro 2017

Ola a tod@s!!
   Non podiamos deixar da facer o noso conxuro. Aquí o tedes.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Pensando no magosto...

Ola a tod@s!!
   A nosa biblioteca acolleu un obradoiro de cestas de castañas para o magosto. Foi unha das actividades organizada pola ANPA para celebrar o Samaín. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Monstros feos, fermosos monstros

Ola a tod@s!!
   Como estou convencida de que temos o cole cheo de artistas, na clase de plástica inventaron e debuxaron un monstro. Querían meterme medo, pero eu son unha gata valente. Por máis que nas descricións que fixeron despois puxeron cousas terroríficas, eu nin me inmutei.  
   Nin me asusto pola noite cando baixo e vexo esa morte xigante que colocaron na entrada!!!


Queredes ver que cousas horribles pintaron? Pois aquí vos deixo algunhas. Seguro que a algún de vós si que vos vai dar medo...

Alguén me ve por aí?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Chegou o outono!

Ola a tod@s!!

  
  Como estamos no outono pedínlle @s nen@s que fixeran literatura e arte coas follas caídas. 
 
   Estas  creacións, nas que tamén participaron as familias, pasaron a formar parte da exposición sobre 
esta estación que está
colocada na entrada do cole.


Vedes que tamén hai libros, non?
É que por algo son unha gata bibliotecaria!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Libros para tremer

Ola a tod@s!!
Xa podedes escoller lecturas para pasar un pouquichiño de medo. Quitei algúns libros para o corredor, pero na biblio teño moitos máis.

Chega o Samaín! Tod@s a ler!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio da RAG

Ola a tod@s!!
   O martes, 24 de outubro, foi un día moi especial. Todas as nenas e nenos dos Casais (eu tamén, pero tan ben agochada que ninguén me viu) acudiron á Real Academia Galega para recoller o premio Primavera das Letras 2017.
   Alí aprenderon en que consiste o traballo de arquivo (algúns ata tiveron ocasión de practicar) e a importancia da RAG.
   Visitaron o museo de Emilia Pardo Bazán e descubriron importantes cousas da súa vida e obra.
   Compartiron a xornada coa escritora Fina Casalderrey, con Víctor Freixanes, presidente da Academia,  con Hâkan Casares, fillo de Carlos Casares, c@s nen@s e profesor@s dos outros coles premiados... e con Braulio.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Deliberar, consensuar e decidir.

Ola a tod@s!!
   E para rematar tan intenso día, a última hora tocoulles "pensar". Pero pensar, pensar. De verdade. Porque seguro que marcharon decindo: "Vaia ocurrencias que tivo Mica! Se vedes as preguntiñas que lles puxen... Moitas voltiñas tiveron que darlle ás cabezas para contestar. E a saber se estarán ben!
Cando poidan mirar nos libros, xa veremos. Seguramente atoparán máis de un disparate.
Non importa. Gustoume moito velos facer unha actividade  xuntos, grandes e pequenos. Ademáis, así coñécense mellor.
Foi moi divertido!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Presentación do PDI

Ola a tod@s!!
   Por fin, despois de tanto como traballamos nas primeiras horas da mañá, chegou a hora de ver que é o que quere Mica que fagamos este ano.

 
Quere que sexamos artist@s!!!
Ela, que nos coñece ben, di que xa o somos. Será verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Queiman Galicia

Ola a tod@s!!
   Antes da presentación do PDI deste curso non quedou outra que facer un alto no camiño para lembrar que,  hai poucos días, o noso bosque sufriu a perda doutros bosques irmáns, montes galegos arrasados polo lume nunha fin de semana tráxica.
   Galicia enteira está de loito. 

   Cada monte perdido, cada árbore queimada é unha perda para cada un de nós, para a humanidade enteira.
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Alimentación saudable

Ola a tod@s!!
  En 5º e 6º tiveron esta mañá un obradoiro sobre alimentación saudable, organizado polo Concello. Non poido ser na biblio porque tiñamos o espacio habilitado para as actividades de mais tarde e precisaban mesas, por iso desenvolveuse na súa aula.
   Foron moitas as cousas que aprenderon.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contacreques

Ola a tod@s!!
   O 18 de outubro o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria acudiu ao Auditorio Municipal  de Narón para asistir ao espectáculo poético Contacreques, de Produccións eme2.

  Esta divertida e desenfadada representación está baseada nos contos clásicos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Pasárono moi ben. Algúns sentaban por primeira vez nun patio de butacas.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Programa TEI

Ola a tod@s!!
   O mércores, 11 de outubro, celebramos na biblioteca o acto de presentación do Programa TEI, de titoría entre iguais.

        
   O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos deste programa de convivencia, no que o alumnado de 5º e 6º de Primaria titorizarán @s compañeir@s de 3º.
   Despois de que @s titor@s asinaran o seu compromiso, a directora do IES e o representante da Guardia Civil entregáronlles os carnés e diplomas correspondentes.
Dende aquí dámoslles as grazas a est@s maravillos@s nen@s que, de forma voluntaria, non dubidaron á hora de  asumir tan importante responsabilidade. 
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Mes das Bibliotecas

Ola a tod@s!!
Teño que contarvos que o venres pasado realizamos a primeira fase (son tres) da actividade que temos preparada este ano para celebrar o mes das bibliotecas. 
  
Todos estes libros (que buscaron @s nen@s, agrupados en equipos nos que misturamos os niveis) están a espera da segunda fase.
  O alumnado tamén espera. Ninguén sabe o que van ter que facer. Eu si, claro. E o rato gordecho tamén.
O único que vou dicir polo de agora e que vou poñer a pensar a todo o mundo. Pero a pensar de verdade, eh! A darlle voltas á cabeza ata que bote fume, porque non vai valer dicir: "non sei..."

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado de biblioteca

Ola a tod@s!!
Hoxe estou, de novo, moi contenta. Coma sempre! , todo hai que dicilo, porque a verdade é que non me dades máis que alegrías.
Preguntei na clase de 5º e 6º quen quería colaborar coma voluntari@ neste curso e, mirade:
 Se é que sodes fantástic@s!!!
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vaia sorpresa!!!

Ola a tod@s!!
Estamos de noraboa!

  A Real Academia Galega concedeunos un premio pola celebración do Día das Letras do curso pasado.
   É un recoñecemento que recibimos con orgullo e satisfacción, mais co pleno convencemento de que o auténtico premio foi desfrutar tod@s xunt@s de tan fermosa xornada.
    Lembrades o ben que o pasamos?
    Non?
    Pois volvede ver isto:


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas 17-18

Ola a tod@s!!
Xa empezamos!!!
Esta semana comezou a andaina das mochilas viaxeiras.  

Espero que todas as familias as desfruten coa mesma ilusión que @s nos@s nen@s as levan. Mirade que cariñas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Queredes vir?

Ola a tod@s!!
Xa chegou outubro! Así que, abrimos as portas!!!
Quero vervos a tod@s collendo libros para levar, lendo, traballando na biblio, utilizando o canón e os ordenadores...
Sei que medrastes moito, porque andei espiando polas ventás das clases. Alguén me viu? Non, verdade? É que sei agocharme moi ben. Pero iso so non me vale, eu quero que veñades á biblio. Faredesme o favor?

   E, por certo, xa temos no cole o precioso  cartel que deseñou Xosé Tomás para celebrar o mes das bibliotecas deste ano.
   Vedes que o lema é: "Aprender a pensar coa biblioteca escolar".
    Non me digades que non é ben acaído!  Iso é o fundamental que temos que aprender as persoas.

   Qué mellor sitio que a nosa biblio para facelo?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes



Despedida

Ola a tod@s!!
Despedimos o presente curso 2016-17 presentando ás familias o PDI deste ano, no que tanto traballamos e co que tanto aprendimos.
Podedes ver canto fixemos na wiki do proxecto que aparece na pestana superior. Aquí vos deixo un exemplo:




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro con G

Ola a tod@s!!
O día 1 de xuño actuamos no teatro Jofre de Ferrol!
Representamos a obra de Chus Pereiro "Mamasiña, que medo!


Non sei como a profe Maribel da feito con tantas cousas como ten! É maravillosa! E que decir de vós? Artistaz@s!
Vaia un traballo de equipo! De verdade que emocionádesme cada vez que vos vexo subid@s a un escenario. Sei ben o traballo que hai detrás, os nervios, as pequenas liortas, os atrancos...
Pero o resultado... compensa. Vai que si?

 Grazas a María e a Noelia polos seus espectaculares decorados e o seu apoio incondicional.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Son unha gata feliz!
   Este ano o día das Letras dedicámolo a un dos meus autores favoritos, quen, por certo, tiña un gato co que pasei momentos maravillosos nos máis diversos lugares. Si, Samuel, tal era o nome do gato persa de Carlos Casares. Fíxose popular porque apareceu moitas veces na columna periodística "A marxe" que o seu dono escribía.
   Ademáis a celebración do cole foi especial: no exterior, coma unha gran cerimonia (con alfombra vermella e todo), con música en vivo, co bosque cheo de cor, coas familias e as nosas profes-mamás invitadas, cos vosos estupendos traballos expostos, con flores...
Como non ser unha gata feliz!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Microrrelatos + Creación artística

Ola a tod@s!!
   Como se achega a celebración do Día das Letras 2017, o Concello convoca o VII Concurso de Microrrelatos e o IV Certame de Creación Artística "En galego? É o noso!".
   Outro ano máis aí estaremos nós, participando cos nosos traballos.
   A ver se conseguimos tanto éxito coma en edicións anteriores!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Esqueletes!

Ola a tod@s!!
Vaia exposición máis chula que tivemos na biblio!!!
Veu visitarnos Alicia Ester Serantes e trouxo unha morea de cousas interesantísimas. Canto o desfrutamos!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Conto colaborativo

Ola a tod@s!!
@s nen@s de Educación Infantil tamén este ano, igual que os anteriores, axudáronme a escribir un conto. 
 Decidiron que tiña que falar das árbores. Como non, co que están a aprender do noso bosque! 
 E fixeron todo a través do meu correo electrónico. Se é que est@s pequerrech@s son nativos dixitais! (Ben, non sei se isto existe, eu penso que teñen que aprender como todo o mundo...)
 Desfrutaron moito e quedoulles ben bonito.

Tedes un exemplar en papel na biblio, xunto cos outros feitos por @s que agora sodes maiores cando estabades en EI: o dos detectives, o dos piratas, o do mar...
 Podedes lelos cando queirades. (Se non os ten collidos o rato gordecho, claro, que é moi aficionado a eles).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lector@s invitad@s

Ola a tod@s!!
Qué sorte temos coas nosas familias!
Nas ocasións especiais sempre contamos con invitad@s maravillos@s que están dispost@s a vir ler para nós. Non son moitas as persoas que se achegan, certo; pero cánto llelo agradecemos. É algo que desfrutamos de maneira especial.
Grazas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes